GALERÍA - Memoria Gráfica da Guerra Civil Española

Fotografías y vídeos sobre la Historia Militar de España y países hispanohablantes.
Responder
Avatar de Usuario
Rafa.Rodrigo (kappo)
General de Brigada
General de Brigada
Mensajes: 8888
Registrado: 20 Jul 2008
Ubicación: San Lorenzo de El Escorial
Agradecimiento recibido: 72 veces
Contactar:

Medallas

Parches

GALERÍA - Memoria Gráfica da Guerra Civil Española

Mensaje por Rafa.Rodrigo (kappo) »

MUSEO MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA
MEMORIA GRÁFICA DA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA 1936-2016
Arquivo Fotográfico Guerra Civil-Fondo Documental Mario Blanco Fuentes
(©Museo Manuel Reimóndez Portela e herdeiros de Mario Blanco Fuentes)

Imagen
A guerra civil iniciouse coa sublevación de parte do exército español en África, en principio contra o goberno da Fronte Popular xurdido tras as eleccións de febreiro de 1936, alzamento que foi secundado por boa parte das rexións da Península, mentres permaneceron fieis á República as tres cidades máis importantes de España: Madrid, Barcelona e Valencia, coas súas respectivas rexións ou capitanías militares. As provincias que desde o principio se uniron á sublevación foron as catro galegas e mais a de León que, con Asturias, conformaban daquela a VIII Rexión Militar. En Oviedo tamén se alzou o comandante militar, coronel Antonio Aranda, pero só o puido facer na propia cidade, que foi inmediatamente arrodeada e cercada polos mineiros asturianos durante uns meses. Foi a finais do mes de outubro do 1937, coincidindo co derrubamento da fronte do Norte, cando as tropas galegas rompen o cerco de Oviedo e «liberan» a cidade. Daquela, con tropas galegas e asturianas formouse o CUERPO DE EJÉRCITO DE GALICIA (CEG) —ao que, unha vez mobilizado por idade, como outros milleiros de mozos, se incorporou Mario Blanco— baixo o mando de Antonio Aranda Mata. Nos meses posteriores, o CEG foise desprazando cara ao norte da cidade de Zaragoza nun intento de alonxar a fronte de guerra, que se encontraba moi pertiño da cidade, coa intención de dirixirse, a continuación cara ao interior de Aragón e penetrar en Cataluña.

Sen embargo, neste intervalo de tempo, aproveitando as fortísimas nevaradas que caíron sobre a cidade de Teruel e arredores, o exército republicano tomou sen loita esta capital de provincia, a única que deu ocupado desde o comezo da guerra. Esta acción obrigou a cambiar os planos do CEG que, en vez de encamiñarse cara a Cataluña, foi destinado a coutar o exército republicano para que non consolidase o seu avance, o que sucedeu no nadal de 1937. Alí, nos arredores de Teruel, soportando temperaturas extremas, permanece deica a entrada na cidade, en marzo de 1938. Toma logo camiño do Norte para regresar despois cara ao sur e participar na «liberación» da rexión de Valencia (cidades de Castellón e Valencia capital), xa nos remates da guerra.

O sinal de identidade das tropas do CEG eran a Cruz de Santiago bordada en uniformes e enseñas.
http://www.museo.aestrada.com/index.php ... l-espanola


[...] y 100 millones de ducados [...]
------------------------------------
Ab insomne non custita dracone
Responder

Volver a “Historia de España y países hispanohablantes”